Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Antes de que llegue la bestia

Sinopse:

Besta é a palabra chave da peza. A Besta política e económica, a Besta social, o que deixou a Besta nos nosos corpos, a miña propia Besta. A mirada sitúase no contexto socio-político actual, hoxe. Como está construído o sistema, como nos afecta, como nos relacionamos con él, como podemos evidenciar á Besta, como podemos destruír a evidencia. 

Galego

Animais de compañía

Animais de compañía é un espectáculo para público familiar e escolar dende 6 anos. Unha comedia musical en forma de fábula que vai conquistar aos máis pequenos da casa mentres viven un proceso de aprendizaxe de valores éticos.

Maxa e Fedra, unha vella cadela e unha gata nova, son as encargadas de, entre cancións, contos, relatos e liortas, ensinar a nenas e nenos a importancia do respecto ás diferenzas: de raza, de cor, de relixión, de xénero etc.

Galego

Alma de Tigre

Alma de Tigre é unha ensoñación revelada a partir da historia real de tres irmáns. A memoria, os afectos, a herdanza e os conflictos familiares dan corpo á nova creación orixinal de Elefante Elegante.

Alma de Tigre evoca a historia dunha familia pechada nunha casa ruinosa a través de cuxas fendas vanse filtrando os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada.

Á morte da nai, as dúas fillas reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda e qué facer coa herdanza. Mais a casa resístese a deixalas marchar.

Galego

A nena e o grilo máis aló

Teatro Ghazafehos: Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas.

Magín - guitarra e voz

Cristian Legiero - teclado

A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

A Nena e o grilo e máis aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas. Que pasa logo da morte?

 

 

Galego

A Lingua das Bolboretas

O espectador será testemuña do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.

Galego

A illa da deslembranza

Onde acaban os recordos que non están ben amarrados? Quen se encarga de levar da nosa mente todas esas historias vividas e de que non nos acordemos delas?  Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e a súa mirada mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está pasando? Como Uxía, unha nena de dez anos pode axudar a recuperar eses recordos ou, talvez, acabarán todos na illa da desembranza?

Baseada en: A illa dos recordos de Marta Juia Satorra e Gemma Capdevila; e tamén na Maleta do avó de Juan Hernaz e Fátima Fernández.

Galego

A formiga Icía

Elenco: Pablo Andres Seguel, Maria Marta Morro , Alfredo Moreno Blanca, Julia Alonso BACELAR e Sara Martinez Gonzalez

Sinopse:

Unha obra de teatro para nenos co encanto dun conto ilustrado. Semella coma se as páxinas dun fermoso e colorido libro tornáranse tridimensionais.

Galego

A cazola de Lola

Manipuladores: Eduardo Rodriguez "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez

Sinopse:

Lola sempre arrastra un cazo atrás dela. O cazo caeulle un día enriba... Non se sabe moi ben por que.

Por causa deste cazo, Lola xa non é de todo coma os demais. Precisa de moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico. A miúdo as persoas só ven nela ese cazo que arrastra por todas partes. E atópano raro...

Ademais, o seu cazo complícalle a vida. Afortunadamente existen persoas maravillosas, só fai falta dar cunha delas...

 

Galego

Tarzán

Un novo día de caza na selva africana. Rugídos, berros e reclamos enchen a atmosfera.

De súpeto, silencio.

A selva estremécese ante o pranto dun neno. Os grandes monos, curiosos, achéganse ao neno. Kala, cuxa cría acaba de morrer, decide adoptar ao bebé.

25 anos despois, en Londres, Lord Greystcke VIII, un nobre inglés, acaba de liberar aos animais do zoo da cidade e tentará convencer a un psicoanalísta de que aquel recentemente nado era él. TARZÁN, o rei da selva.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios