LOOP
Que queda tras os aplausos dunha función, xusto cando o pano cae? Que queda tras unha función e tan só unha "luz de traballo" ilumina o espazo? Quen recolle e ordena e limpa o escenario? Como é un escenario baleiro? Que sucede entón? Loop é un escenario como un lenzo en branco. Teatro dentro do Teatro. Danza dentro da Danza. Marca de "fábrica" de Aracaladanza, a linguaxe, o traballo e os misterios do propio escenario converten a Loop nunha dramaturxia visual, libre como os soños que con imaxes, constrúe o que sempre está por suceder sobre as táboas. Esa é a maxia á que aspira Loop.