Si esto es un hombre
En 1944, Primo Levi foi deportado a Auschwitz. Tiña 24 anos. Durante a súa estancia no campo, empezou a escribir Se isto é un home, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro.
En 2020 (76 anos despois), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para tentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores do século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.
Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo.