Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Cinco historias para unha man

Autor e director: Arturo Pérez

Presentador e manipulador: Ton Arenas

Espectáculo cheo de poesía e sen palabras, capaz de conectar cos nenos e nenas e cos maiores, xa que se identifican cos personaxes e as suas inquedanzas. "A pingueira", "Historia con frores", "O soño", "O impo" e como fío conductor "as mans" que son a alma dos monicreques.

Esta programación da Rede galega de teatros e auditorios pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Habitados

Habitados céntrase no corpo como territorio, como lugar habitado por nos mesmo e polos outros , un espazo de respeto e protección.

Estos corpoos mutilados polo peso  dunha sociedade que etiqueta e que non nos da a liberdade de coexistir no espazo dancístico con corpos diferentes, con cerebros diferentes. Clara sae da sua cadeira de roldas, do seu lugar de confort, e o resto dos bailaríins buscan habitar este corpo e descontextualizalo. A cuestión é quen é o fráxil, quizais esta rapaza que semella tan limitada, teña a forza e sexa o sostén destes bailaríns. 

Galego

Pepe Vaamonde Trío

Pepe Vaamonde Trío, como o seu nome indica, é o formato reducido da banda Pepe Vaamonde Grupo, mais nace tamén cunha clara idea musical.
O seu repertorio nútrese dos catro traballos discográficos da banda, inda que facendo unha escolla de temas fondamente encamiñados ao baile tradicional. Son músicas, polo tanto orixinais pensadas para ser bailadas nun claro entorno foliadeiro.

PVTrío está composto por Miryam González ao acordeón, Pipo Alvariño á guitarra e voz e Pepe Vaamonde na gaita, frauta e voz.

Galego

Trogloditas

Actores manipuladores: Eduardo Rodríguez "Tatán", Miguel Borines e Andrés Giráldez

Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria: a cova, onde asistir a un cómico espectáculo cheo de humor e tolería. Da man dos Monicreques e das súas primitivas habilidades imos coñecer a singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos.

Unha sorprendente ambientación, a orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.

Galego

Titiricircus

Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con monicreques de fíos as glorias do seu pasado na pista.

 

Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo....

 

 

 

Galego

Tabú

Tabú, do Colectivo Glovo

Sinopse

Os coreógrafos Esther Latorre e Hugo Pereira desenvolven xuntos a súa faceta máis creativa a través da compañía de danza Colectivo Glovo. O espectáculo Tabú, que conta co apoio do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego, céntrase nas diferentes traxectorias vitais femininas a través de cinco protagonistas diferentes. Antes de comezar o espectáculo entrégaselle a cada persoa do público unha tarxeta co nome de cada unha destas mulleres para conseguir unha identificación con ela.

 

DANZA  

Galego

Os nenos da varíola

Os nenos da Varíola é a adaptación á escena do libro de María Solar adicado aos 22 nenos, que en 1803 levaron no seu corpo a vacina da varíola do vello ao novo Mundo. Sempre brazo a brazo, sen romper a cadea, formando parte dunha das fazañas médicas máis grandes da humanidade.

Galego

O que hai que ver!

Elenco: Marcos Alonso / Suso Pando / Manuel Pombal

O que hai que ver!  é unha combinacion dalgúns do mellores sketchs da historia de Fulano, Mengano e Citano, con outros de nova creación aos que se lle engaden unha serie de cancións orixinais cargadas de ironía, que crean, en conxunto, un 'todo' variado, dinámico e sorprendente, seguindo a liña de humor que caracteriza á  compañía.

 

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios