Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Pínconús

Pínconús (Unha comedia musical para toda a familia) Un día calquera, unha estación de tren, tres persoas que queren viaxar, unha billeteira que ven e que vai…

Estación de orixe: Aquimesmo. Destino: Pínconús, ese lugar ao que todos queren ir pero que moi pouca xente se atreve. Unha espera de absurdos encontros e desencontros mentres o tren está por chegar.

Elenco: Ana Carreira, Carlos Coira, Marga Portomeñe e Carlos Rebolo.

Galego

Othello

Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano namoran. Porén, contra o final do texto, ela morre asasinada por el.

​Othello é, asemade, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Unha mentira que, á súa vez, xorde da inseguridade e da crenza de entender, como propio, o que non se pode posuír.

Galego

Ósmose

Premio Nacional á Cultura da Xunta de Galicia

Artista do ano para Folkword 

Candidata a artista do ano para BBC Radio 3

Artista Top TEN na Revista Songlines

Galego

Os fabulosos Cleaners

Dous expertos operarios da limpeza descobren por casualidade as posibilidades que poden dar as súas ferramentas de traballo, combiadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas de xabón.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destas personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor.

Dirección: Marcos Orsi e Luis Bevía

Galego

Orfeo

Elenco: Daniela Saúdes e Esther Branca (ou Eva Soriano)

PREMIO" MELLOR PROPOSTA DUN CLÁSICO" EN FETEN 2020

Espectáculo Recomendado pola Rede Española de Teatros 2020

Orfeo é un mozo grego cuxa música é capaz de aplacar tormentas, mover as pedras e amansar as bestas salvaxes. Eurídice é unha nova ninfa protectora dos bosques e a natureza. Un día ambos se namoran. Pero a súa felicidade non dura moito tempo. Unha mordedura de serpe mata a Eurídice. Abatido, Orfeo decide baixar aos infernos en busca da súa amada.

Galego

O soño dos golfiños

Cun olliño aberto e o outro pechado os golfiños dormen, sempre atentos, dispostos a saltar en calquera momento e chegar ás nubes máis altas cos seus brincos, buscando o seu soño… Neste espectáculo Os Golfiños viaxarán por un mar de músicas cun repertorio moi variado, cantando novos temas e lembrando as súas cantigas de sempre. Enriba do escenario, unha guitarra, un teclado e a voz de Elena Paz.

Galego

O premio

Elenco: Raquel Espada, Victoria Teijeiro e Xurxo Cortázar

O PREMIO é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en O Premiocomo única fórmula de conseguir a felicidade.

O PREMIO é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: Morrer logrando a fama. Todo por un soño.

Tres finais posibles en función do desexo do público.

Galego

O mozo da última fila

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase faíselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea.

Galego

O meu mundo non é deste reino

Un par de trapeiros chegan a unha parada no seu camiño despois de días de longa viaxe cara á Feira do Vento. Traen consigo unha carga enorme de todo tipo de obxectos estraños: cortinas rimbombantes, paus de todos os tamaños, bolsas das que despuntan teas dunha chea de tecidos e cores distintas, e algo que semella ser unha enorme e aparatosa mochila de madeira. Abraiados ante a abundancia de público, dispóñense a situar as súas pertenzas no espazo con ánimo de venderlle algunha aos alí reunidos.

Galego

O mel non caduca

Unha traxicomedia biodegradable e ecosostible arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica capitalista, do crecemento e do consumo masivo de produtos.

Elenco: Marián Bañobre e Avelino González

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios