Autores e autoras

Autores e autoras galegos dos diferentes ámbitos da escrita, desde a poesía, á narrativa, o teatro, o ensaio, a ilustración, a divulgación científica e a gastronomía fanse protagonistas na programación da 42º Feira Internacional do Libro de Buenos Aires co obxecto de labrar novas pontes co sector arxentino e internacional.

Deste xeito, durante tres semanas levarán a nosa cultura a este espazo único de intercambio entre os diferentes actores da industria editorial internacional.