Programación Santiago, cidade convidada

Coloquios, recitais poéticos, conferencias, presentacións de obras, encontros cos lectores... son algúns dos formatos das preto de 150 actividades coas que Galicia promociona a literatura e a lingua galegas na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires 2016  e que se realizan do 21 de abril ao 9 de maio en diferentes espazos da cidade porteña.

Unha vintena de editoriais de Galicia exhiben e comercializan eses días a súa produción nunha das citas culturais máis relevantes de América Latina, onde a diversidade de formatos, o protagonismo do libro e o diálogo entre autores galegos e arxentinos centran a programación coa que Galicia proxectará o sector editorial neste evento de referencia internacional, que ten como cidade convidada a Santiago de Compostela.

Galería fotográfica das actividades de Galicia na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires 2016

 

Programación

 

 

Máis actividades en paralelo...

Galicia en Cine / Galicia en Documental. Programación audiovisual galega na Sala Gaumont

Luís Seoane. Percorrido polos seus murais de Buenos Aires. Rutas pola cidade para coñecer a súa obra muralística

Exposicións galegas en Buenos Aires. Blanco Amor, Valle-Inclán, Cela, ilustradores galegos, as revistas da emigración... son protagonistas en distintas salas expositivas da cidade