Exposicións en Buenos Aires

Santiago, cidade ilustrada

19 de abril - 9 de maio

La Rural. Hall Acceso á Sala Hernández

A capital de Galicia foi adquirindo un destacado protagonismo na literatura infantil e xuvenil e no cómic, como reflicten estas 70 ilustracións de destacados artistas recompiladas por El Patito Editorial.

 

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936]

26 de abril - 8 de maio

El Cultural San Martín

A internacionalización da obra de Ramón María del Valle-Inclán centra esta exposición promovida co Consello da Cultura Galega no 150º aniversario do nacemento do escritor.

 

 

Camilo José Cela no seu centenario

20 de abril - 5 de maio

Universidad de Ciencias Empresariales y Sociales (UCES) - Paraguay 1318

A intensa relación que o premio Nobel galego mantivo con Arxentina ao longo da súa vida protagoniza esta mostra organizada pola Fundación Pública Camilo José Cela.

 

Blanco Amor. A mirada e o desexo

24 de abril - 9 de maio

Usina del Arte

Xunto co seu labor de escritor, Blanco Amor levou a cabo unha intensa actividade como fotógrafo, unha mirada creativa que se recolle nesta exposición promovida por Galaxia/Mar Maior e pola Xunta de Galicia.

 

 

Galicia imaxinada nas revistas da emigración

27 de abril - 30 de maio

Centro Galicia

O Consello da Cultura Galega retrata a Galicia dos emigrantes, a real e a idealizada, a través das publicacións da colectividade.

 

José Suárez. Uns ollos vivos que pensan

Outubro - decembro de 2016

100 imaxes en branco e negro, material documental e audiovisuais abordan o periplo personal deste fotógrafo galego de referencia, que o levou por diversos países de América Latina. Exposición organizada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia.