Proxección exterior

Ademais das liñas de proxección do libro da Dirección Xeral de Políticas Culturais, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é o departamento da  Consellería de Cultura e Turismo que canaliza as políticas de difusión e promoción exterior das industrias culturais galegas.

Contribuír a posicionar unha imaxe positiva da marca Galicia no mundo no plano cultural, favorecer a proxección das industrias creativas galegas, establecer pontes de diálogo e colaboración con outros países, fomentar a presenza da cultura galega en centros de investigación e formación universitaria de distintas cidades do mundo ou reforzar o patrimonio cultural da comunidade emigrante son algunhas das estratexias principais da Xunta de Galicia na proxección exterior da cultura galega.