Premio: II Premio Literario Nortear

II Premio Literario Nortear

O premio literario Nortear - Novos Escritores Norte de Portugal - Galicia é unha iniciativa conxunta da Direção Regional de Cultura do Norte (Portugal), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal. 

O premio ten como obxectivos:
a) Promover a aparición de novos escritores
b) Incentivar a produción de obras inéditas no ámbito da ficción
c) Incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores residentes na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal
d) Destacar, anualmente, obras literarias orixinais
e) Promover a circulación e distribución de obras literarias mais aló das fronteiras

Poden participar no premio Nortear todas as persoas con plena capacidade xurídica, nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos. 

Aceptaranse obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e Galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega. 

O premio terá unha dotación económica de dous mil euros (1.000€ por parte da Secretaría Xeral de Cultura e 1.000€ por parte da Direção Regional de Cultura do Norte) para o/a vencedor/a. Esta cantidade estará suxeita á retención á conta dos impostos que correspondan.

As entidades promotoras comprométense, ademais, a asumir o custo da publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra premiada, en edición bilingüe, portugués e galego, con editoras no Norte de Portugal e/ou de Galicia.

Os promotores ademais realizarán accións de divulgación das obras premiadas, mediante actuacións de lanzamento programadas en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal. 

As obras participantes deben ser enviadas, por correo postal, a:

Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal Edificio CETMAR, Rúa Eduardo Cabello, s/n 36208 Bouzas – Vigo Pontevedra 2.

Serán admitidas a concurso todas as obras que teñan data de entrada, na dirección arriba indicada, ata o día 15 de xullo de 2016, ou que teñan esa data reflectida no cuño postal, así como no enderezo indicado, por calquera outro medio admitido en dereito, que faga referencia á data de entrada.

Estado do trámite: Resolto

Comparte