Premio: VIII convocatoria Concurso Balbino de Relatos

VIII convocatoria Concurso Balbino de Relatos

VIII convocatoria Concurso Balbino de Relatos

- Os orixinais poderán presentarse ata o 30 de xuño.

- A persoa gañadora recibirá un premio de 1.500 euros e a publicación da obra.

Abre o prazo para participar na oitava edición do Concurso Balbino de Relatos, que leva o nome do protagonista da obra máis internacional da literatura galega Memorias dun neno labrego, do escritor Xosé Neira Vilas.

Participantes

O Concurso Balbino de Relatos, de periodicidade anual, está aberto a todas as persoas de calquera idade ou nacionalidade, co único requisito de que o idioma no que estea escrito o orixinal deberá ser en lingua galega e que terá como motivación temática o rural, o mar e a emigración.

Bases

O prazo para remitir os escritos finaliza o xoves 30 de xuño de 2023.

O escrito poderá estar composto dun único relato ou de varios e deberá constar cunha extensión de entre 100.000 e 200.000 caracteres, estar escrito en galego e cunha temática vinculada co rural, o mar ou a emigración.

Todas as persoas interesadas poderán acceder ás bases do Concurso na páxina web www.concursobalbino.com

A obra gañadora será elixida por un xurado profesional de recoñecido prestixio que darán a coñecer o fallo no mes de setembro.

A persoa autora do relato gañador recibirá un premio dobre, unha cuantía económica por valor de 1.500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza.

O fallo do xurado coñecerase a principios de setembro e a entrega do Premio e a presentación do libro levarase a cabo no último trimestre deste ano 2023.

Edicións anteriores

Na anterior edición do Concurso “Balbino” de Relatos, en 2022, resultou gañadora a obra A comuna de Valdonelle, de Carlos Neira Suárez (Ferrol), que se uniu á lista de premiados nos que se inclúen, por orde cronolóxica, as obras Camiños na sombra, de Xián Lois Alcayde Dans (A Coruña); De que falarán as árbores, de Ricardo Cid Paz (Ourense); Máis alá do río do esquecemento, de Ricardo Ferreiro Almeda (Sevilla. Natural de Allariz, Ourense); Banda Sonora Orixinal, de Pablo Nogueira Campo (O Carballiño, Ourense); Bica de Montouto, de Pepe Peinó (O Valadouro, Lugo) e Gumes entre a néboa, de Xosé Alfredo Naz Fernández (Vigo).

Estado do trámite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte