Evento: Brigada Bravo & Díaz en concerto

Brigada Bravo & Díaz en concerto
sábado, 21 xaneiro, 2017 - 22:00
Club Clavicémbalo,
Lugo

Brigada Bravo & Díaz en concerto

Músicas populares da Gran Guerra

O novo proxecto da Brigada Bravo&Díaz baséase na música popular da IWW. Buscando información sobre rexistros fonográficos, atopamos unha colección interesantísima na biblioteca de Santa Bárbara, da Universidade de California.

Están a dixitalizar miles de cilindros antigos de cera e facendo certos playlist con todos estes temas. Unha das temáticas onde recolleron 116 cancións, das que ata agora dixitalizaron, é a música popular da IWW, e tomamos esas cancións para facer o noso novo proxecto discográfico.

É o segundo proxecto que facemos acerca de músicas escritas en tempos de guerra. As músicas escritas en tempos de guerra, son músicas cunha funcionalidade clara: músicas para levantar a moral, para lembrar amores, ou músicas cun sentido do humor moi pronunciado, para combater o medo. Cando extraemos as melodías do seu contexto e levámolas ao noso terreo, que nos permite improvisar, seguen mantendo esa carga emocional. Interésanos que a manteñan.

 

Ademais da zanfona e a guitarra, instrumentos habituais da Brigada, utilizamos instrumentos mecánicos, como a caixa de música programable ou o órgano de barbaria -barrel organ-, que len cartóns que nós perforamos co arranxo musical, para despois interpretalos co instrumento e facer improvisación por encima da rixidez destes cartóns escritos. Este proxecto de dixitalización tan interesante de cilindros antigos, finánciase mediante doazóns particulares que cada cal pode facer desde a páxina da Universidade e apadriñar un ou varios destes cilindros.

Antonio Bravo, guitarra, arranxos e composición de partes adicionais. Germán Díaz, voz, zanfona, órgano de barbaria, caixa de música programable, krakebs e bendhir.

Máis eventos de tipo Concerto

Santi Araújo
9 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Auxili
10 de maio
Rúa de San Lourenzo, 51-53
U2 Zen Garden
10 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5