Evento: Sistemas dinámicos de Samuel Castro

  • Unha obra do artista
Sistemas dinámicos de Samuel Castro
venres, 16 decembro, 2016 a domingo, 22 xaneiro, 2017
Fundación Laxeiro,
Vigo

Sistemas dinámicos de Samuel Castro

O movemento como elemento decisivo

O pensamento de Samuel Castro enmárcase dentro da idea de movemento continuo: panta rei, é dicir, todo flúe, aforismo co que Heráclito de Éfeso sentaba as bases da idea de dinamismo infindo da natureza.

Con esta proposta, comisariada por Javier Pérez Buján, estamos ante unha obra de carácter tridimensional, realizada con materiais reciclados, naturais ou artificiais, con frecuencia cambiante e que ten unha parte importante de recollida de datos. 

A exposición componse de pezas cinéticas, outras que se ocupan do tempo e da natureza, como asentamentos vexetais en superficies urbanas; unha serie de fotografías intervidas con vexetais ou outras obras realizadas coa técnica do maquetismo, pero todas elas estratexias procesuais ao servizo das preocupacións filosóficas do artista. 

Máis información

 

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura