Evento: Presentación de novos materiais de animación á lectura para familias e mediadores

Presentación de novos materiais de animación á lectura para familias e mediadores
venres, 2 setembro, 2016 - 11:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Presentación de novos materiais de animación á lectura para familias e mediadores

Ideas, propostas e experiencias para incentivar o gusto e o hábito da lectura nos máis pequenos

O hábito lector contribúe a unha aprendizaxe integral e permanente, abre vías para a reflexión e o pensamento, activa a imaxinación a partir da palabra, reforza as habilidades vinculadas coa linguaxe e ofrece, sobre todo, un lecer pracenteiro cunha morea de beneficios para quen aprende a gozar del.

A formación de lectores, como todos os procesos de educación infantil, é una tarefa compartida entre a familia, a escola e da sociedade no seu conxunto. Pero, sen dúbida ningunha, os pais e nais xogan un  papel primordial no achegamento inicial dos máis pequenos á lectura.

A Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia presenta estes novos materiais para as primeiras idades co obxecto de que as familias e mediadores en xeral tiren proveito do pracer da lectura como chave para a vida presente e futura dos máis pequenos.

Na Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Peza do mes: Instrumentos de medición
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "Las voces silenciadas"
15 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal