Evento: O MODERNISMO

  • os_temas_da_arte_modernismo
O MODERNISMO
martes, 23 abril, 2024 a martes, 4 xuño, 2024
Museo de Belas Artes,
A Coruña

O MODERNISMO

CURSO "OS TEMAS DA ARTE"

CURSO "OS TEMAS DA ARTE": O MODERNISMO

Martes, do 23.04.2024 - 04.06.2024. - 11:30 - 12:30h

Monitor: Alberto Fuentes Valcárcel

Público: Adulto

Prazas: Limitadas, previa inscrición

Prezo: 15,00€ (Amigos Museo 10,00€)

Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Novo curso do ciclo "Os temas da arte": O modernismo, un estilo para unha nova cidade, un percorrido pola historia da arquitectura modernista, as súas influencias e o seu nacemento nas distintas escolas europeas e a súa difusión internacional. O novo estilo non tarda moito en chegar a Galicia, onde atopará na Coruña a súa mellor incubadora.

O curso termina cunha visita guiada de dúas horas por algúns dos principais expoñentes do modernismo coruñés, desde a praza Galicia ata Porta Real, onde poderemos contemplar todo o aprendido ao longo das sesións.

Datas: Martes, do 23 de abril ao 4 de xuño de 2024.

Horario: 11:30 a 12:30 h (agás o 4 de xuño, de 11:30 a 13:30 h).

Lugar: Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

 

Programación

23 de Abril - Sesión 1: O nacemento do modernismo.

30 de Abril - Sesión 2: A arquitectura modernista en España.

7 de Maio - Sesión 3: O modernismo en Galicia 1. Arquitectura.

14 de Maio - Sesión 4: O modernismo en Galicia 2. Pintura e escultura.

21 de Maio - Sesión 5: A arquitectura modernista en A Coruña.

28 de Maio - Sesión 6: Paseo (virtual) en tranvía de A Coruña a Sada.

4 de Xuño - Sesión 7: Visita guiada polos principais expoñentes do modernismo coruñés.

 

Desenvolvemento do curso

Curso de 7 sesións.

Duración estimada 1h. A sesión 7 (visita guiada) terá unha duración de 2h.

Aulas teóricas acompañadas de imaxes, formato visual mediante proxección e unha visita guiada.

 

ALBERTO FUENTES VALCÁRCEL. Master en Arquitectura pola ETSAC. Ten marcha o proxecto de investigación, gráfico e de difusión ART-NOUVEAU CORUÑA, un punto de vista de arquitecto sobre o patrimonio modernista coruñés. É cofundador de COHR ARQUITECTOS, unha estructura colaborativa de arquitectos co obxectivo de recuperar o patrimonio arquitectónico desde a perspectiva da arquitectura emocional. Gañador de diversos concursos de proxectos arquitectónicos e de deseño gráfico a nivel nacional e internacional.

Inscrición:

Reserva de praza:

Inscrición online exclusivamente mediante o formulario dispoñible nesta páxina, a partir do mércores 10 de abril ás 10 horas.

Pago da matrícula:

Unha vez confirmada a praza por email, efectuar o pago da matrícula ingresando o importe no número de conta (ABANCA ES12 2080 0000 7030 4014 7145) e enviar o resgardo do pago ao email actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal, ou ben entregalo no propio museo.

Para máis información:

Para calquera consulta ou aclaración, poden chamar ao teléfono: 881 881 700 de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/actividades/curso-os-temas-da-arte-o-modernismo

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Peza do mes: Instrumentos de medición
1 de maio a 31 de maio
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "Las voces silenciadas"
15 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
'Made in Galiza' de Séchu Sende
19 de maio
Auditorio Centro Social do Mar