Evento: Pensamentos de Flor

Pensamentos de Flor
domingo, 22 maio, 2016 - 20:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns,
Sada
Espectáculo teatral a cargo de Xore Teatro

Elenco:

Encarna García Castro

Ana Domínguez Chouza

Isabel Touceda López

Rebeca Oliveira García

Anuncia Sar Tubio

Hortensia Becerra Rodríguez

Pensamentos de Flor é unha obra pensada para reflexionar sobre o coidado dás persoas maiores. Trátase dunha crítica social sobre o abandono e esquecemento que moitas veces sofren pola propia familia.

A obra é un drama realista que nos fai reflexionar e ofrécenos a posibilidade de tomar conciencia sobre un tema moi actual na nosa sociedade axudándonos a entender as inquedanzas de moitas persoas maiores que se atopan na situación de abandono.

A protagonista da historia, Flor, é unha viúva que ten dúas fillas e un fillo. Flor presenta indicios de ter unha enfermidade dexenerativa, este feito fai que a filla maior, Hortensia, que rexenta unha taberna que lle absorbe todo o seu tempo, lle resulte moi complicado facerse cargo do coidado, polo que se ve na obriga de pedir a colaboración da súa familia. O fillo, Xacinto, é un falcatrúa que non é quen de valerse por si mesmo. E a filla máis nova, Margarida, so pensa no seu interese

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cinema Marabillas
16 de maio, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
O auto do Castromil
16 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Made in Galiza
16 de maio, 20:30
Teatro Principal - Santiago de Compostela - A Coruña
Veciños
17 de maio, 17:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense