Evento: Encontros dos Axóuxeres

  • Encontros dos Axóuxeres
  • Público asistente aos Axóuxeres
  • O Elefante Elegante durante a representación dos Axóuxeres
Encontros dos Axóuxeres
sábado, 10 outubro, 2015 - 12:00
Centro Sociocultural Daniel Castelao,
Moaña

Encontros dos Axóuxeres

Palabras, música e xogos para promover a transmisión interxeracional da lingua galega

Os Axóuxeres son o encontro da xente miúda da casa co teatro, coa música en directo... coa lingua de noso. Cada Encontro dos Axóuxeres, de aproximadamente 40 minutos de duración, foi creado para ofrecerlles aos bebés e cativos de ata 6 anos un espazo onde desfrutar e onde abrirse ao mundo en galego , unha experiencia sensorial e lingüística que lles permitirá aprender e levar para a casa divertidas cancións e xogos.

Desta volta, os nenos e nenas viaxarán ao fondo do mar coa protagonista, Mariña, e o seu peixiño, a quen seguirán nunha aventura teatral, musical e lúdica que os achegará a valores como a ecoloxía ou a amizade. Da man da compañía de teatro Elefante Elegante, a xira dos Axóuxeres 2015 percorrerá 26 localidades da Rede de Dinamización Lingüística entre setembro e novembro.

Inscricións no teléfono 697 363 089 de luns a venres en horario de  10:00 a 13:00 horas. Abriranse o luns anterior á celebración de cada unha das funcións.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Tres mulleres na escuridade
15 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
16 de maio
Auditorio Municipal
Danza 3 | O Fiadeiro
17 de maio
Praza Maior
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
17 de maio
Adro de Darbo