Evento: Umbral

  • Obra de Teo Soriano
Umbral
venres, 17 abril, 2015 a martes, 30 xuño, 2015
Casa da Parra,
Santiago de Compostela

Umbral

Exposición da obra de Teo Soriano

Comisariada por Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre.

Teo Soriano utiliza a abstracción como procedemento; unha abstracción orientada cara aos conflitos de definición da natureza da imaxe que se intúen nas súas pinturas como campos de cor, na súa reivindicación da pintura como medio de expresión.

 

"Umbral" propón unha lectura aberta dos últimos traballos de Teo Soriano a través de 14 pezas, incluídos varios dípticos e polípticos, realizadas en materiais de moi diversa factura e moitos deles atopados, como a madeira, o aluminio, o cemento e o papel, traballados despois con toda clase de pinturas e pigmentos: óleo, acuarela, acrílico, esmalte etc. A exposición abre un abano de posibilidades, de novos camiños nos que cada obra se lle ofrece ao espectador libre de maquillaxe e cada peza define un espazo sempre a piques de anular a fisura entre o soporte e a imaxe.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n