Evento: Olga Gallego no seu centenario (1923-2023)

Olga Gallego no seu centenario (1923-2023)
martes, 7 novembro, 2023 a domingo, 31 marzo, 2024
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Olga Gallego no seu centenario (1923-2023)

A exposición /*Olga Gallego no seu centenario (1923-2023)*/ repasa a traxectoria profesional e persoal en diversos eidos de *Olga Gallego* (Ourense, 1923-2010), distinguida bibliotecaria, arquiveira e primeira...

A primeira muller na Real Academia Galega
A totalidade das pezas que compoñen a mostra pertencen ao arquivo e á biblioteca da propia Olga Gallego, que foran doados pola súa irmá Pilar ao Arquivo de Galicia no ano 2012. Grazas a ese material afóndase na figura dunha muller que foi fundamental na arquivística española e iberoamericana no último cuarto do século XX. O seu Manual de archivos familiares continúa sendo hoxe en día unha referencia.
Faise fincapé na súa condición de primeira muller en ingresar na Real Academia Galega. Así, está exposta a publicación As barcas e barcos de pasaxe da provincia de Ourense no Antigo Réxime, que foi o tema do seu discurso de ingreso o 15 de novembro de 1986.
Tamén se pode observar unha curiosa carta de Antonio Meijide Pardo, tamén académico nese momento (1991),  pedíndolle a Olga Gallego que delegue o seu voto no caso de non poder asistir á reunión do pleno da institución. Será a encargada, ademais, de redactar o opúsculo que a Real Academia dedicou a Xesús Ferro Couselo na celebración do Día das Letras Galegas de 1996.
 Ademais de bibliotecaria e arquiveira (aprobou a oposición ao Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos en 1958) a mostra afonda na súa faceta de historiadora. Abarcou temas moi variados como a historia económica, social, administrativa e cultural de Galicia. Destaca a dedicación a aquelas cuestións relacionadas con Ourense e a monografía titulada Historia da muller: mulleres ourensás dos séculos XIV-XVIII (2008). Exhíbese tamén, entre outras pezas, un bosquexo coa localización das fortalezas da provincia de Ourense ao que acompañan diversas fotografías de traballo de campo
 

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura