Evento: Afectos

Afectos
sábado, 18 maio, 2024 - 20:30
Auditorio Gustavo Freire,
Lugo
Espectáculo de danza a cargo de Cía. Kirenia Danza

A compañía Kirenia Danza presenta Afectos, a terceira entrega da súa triloxía coreográfica Os vulnerables. Esta tríade de producións enfócase no impacto da pandemia da Covid-19 nas persoas migrantes e na súa rede de afectos. A compañía demostrou o seu compromiso con este tema ao longo de dúas producións previas: E-migrantas en 2020 e Primeiro a vida! no 2021, que abordaron a necesidade dun cambio no modelo actual de xestión das crises sociais. Nos últimos anos, a pandemia puxo de manifesto a importancia de protexer os dereitos fundamentais das persoas migrantes e desprazadas, sexa por motivos económicos, crises climáticas, persecucións por motivos políticos, étnicos ou de tendencia sexual, conflitos ou outras causas. Moitas persoas, incluídas as artistas de danza, víronse afectadas durante a crise da COVID-19 e precisaron axuda. Afectos sitúanos ante unha reflexión alegórica do patrimonio humano da migración, como son o Camiño de Santiago en Galicia, o Kumano Kodo en Xapón, os corredores humanitarios de Ucraína, ou os novos roteiros de emigración centroamericana. Afectos é unha homenaxe á complexidade das emocións humanas e unha invitación para conectarse co noso propio ser emocional. Un convite ás audiencias para reflexionar sobre a importancia da solidariedade en tempos difíciles.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O dragón de ouro
1 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
As formas do amor
2 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
O dragón de ouro
2 de novembro, 20:00
Aula Municipal de Cultura - Betanzos - A Coruña
KYOKI
2 de novembro, 20:00
Auditorio Municipal - Viveiro - Lugo