Equipamento: Biblioteca Pública de Ourense

Biblioteca Pública de Ourense

Esta biblioteca foi fundada no ano 1845, quedando instalada no instituto de Ourense. O 8 de decembro de 1927 un incendio remataría con boa parte dos seus fondos. Entre eles, os de maior importancia bibliográfica -arredor de 17.000 manuscritos e incunábeis-, procedentes dos mosteiros e conventos da provincia.

Ler máis

En 1932 poríase de novo en servizo, ocupando unha parte do Pazo da Deputación Provincial. Un ano máis tarde tería lugar a súa apertura oficial. Xa dende o 15 de xullo do 1978 sitúase nun inmoble compartido coa Delegación de Educación e Ciencia. Nos seus cinco andares, a Biblioteca presta diversos servizos á cidadanía. As instalacións acollen asemade unha completa programación de actividades, como visitas guiadas ou sesións de animación á lectura, entre outras.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

En 1989 o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia asinan un convenio polo que o Estado segue conservando a titularidade e transfire a xestión á Xunta de Galicia.

Servizos

  • Préstamo en sala
  • Préstamo interbibliotecario
  • Préstamo a domicilio
  • OPAC
  • Servizo de reprografía
  • Lectores de microformas

Acceso ás instalacións

Libre

Espazos

  • Salón de actos
  • Sala de lectura
  • Sala de publicacións periódicas, con 15 postos
  • Acceso público a internet, con 17 postos

 

Contidos do equipamento:

Sala de lectura

  • Superficie en metros cadrados: 473
  • Número de publicacións: 7.406 libros de consulta, non prestables

Sala de publicacións periódicas, dentro da sala de lectura

  • Publicacións diarias: 14
  • Publicacións semanais: 7 revistas e 4 xornais
  • Publicacións quincenais: 1 revista
  • Publicacións mensuais: 86 revistas e 4 xornais
  • Publicacións bimestrais: 48 revistas
  • Publicacións trimestrais: 59 revistas
  • Publicacións semestrais: 26 revistas
  • Publicacións anuais: 8 revistas
  • Publicación irregular: 13 revistas e 1 xornal

Datos de contacto

Dirección: Rúa Concello, 11, Ourense

Teléfono: 988 21 07 00

Fax: 988 51 02 50

e-mail: biblioteca.publica.ourense@xunta.gal

e-mail: bpou.direccion@xunta.gal

Responsable: Rosa Mª Díaz Naya

Directora

Sala de préstamo, sala de consulta e hemeroteca: de 9:30 a 21:00

Sala de galego: de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

Sala infantil: de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

Período de verán: aberta en horario de mañá.

Pechada nos festivos locais.

Comparte