Equipamento: Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

A biblioteca atópase nun edificio deseñado sobre outro anterior polo arquitecto vallisoletano Jenaro de la Fuente Domínguez no ano 1889, para albergar a Casa de Pedro Román, onde se habían de instalar unha entidade bancaria, un comercio de tecidos e o Casino Obreiro, do que nos queda a fermosa sala de lectura. Anos despois, o edificio albergará uns coñecidos almacéns de tecidos, polo que se coñece popularmente como Casa Ferro.

Ler máis

Luís Arranz Algueró deseñou a súa rehabilitación no ano 1991, e en 1995 é mercado polo Concello para acoller a Biblioteca Popular que antes se atopaba na rúa Romil de Vigo. Dispón de seis andares nos que se distribúen os distintos servizos.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

A xestión e o persoal da biblioteca están compartidos entre a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Vigo.

Servizos

  • Préstamo en sala
  • Ppréstamo interbibliotecario
  • Ppréstamo a domicilio
  • OPAC
  • Servizo de reprografía
  • Lectores de microformas
  • Centros de documentación
  • Acceso público a internet gratuíto para os usuarios
  • Acceso a bases de datos en liña -lexislativas, directorios...-
  • Actividades de extensión bibliotecaria -infantil e adultos-
  • Hemeroteca
  • Servizo de novidades
  • Servizo de desideratas
  • Depósito legal

Acceso ás instalacións

Libre

Espazos

  • Sala de exposicións
  • Aulas
  • Salón de actos
  • Sala de lectura, con 110 postos
  • Sala de publicacións periódicas, con 35 postos
  • Acceso público a internet, con 4 postos
  • Sala infantil e xuvenil, con 116 postos
  • Sala de proxeccións

 

Contidos do equipamento:

Sala de lectura

Superficie en metros cadrados: 280

Sala de publicacións periódicas

  • Superficie en metros cadrados: 60
  • Número de publicacións: 1.554 -abertas, pechadas e DL-
  • Diarias: 15
  • Títulos xornais: 17
  • Títulos revistas: 1.537

Acceso público a internet

Con 4 postos -3 de adultos e 1 infantil-

Sala infantil e xuvenil

Superficie en metros cadrados: 310

Datos de contacto

Dirección: Joaquín Yáñez, 6 – 36.202 Vigo

Teléfono: 986 229 074

Teléfono: 986 227 393

Fax: 986 227 342

e-mail: bibli.central.vigo@xunta.gal

Responsable: Inmaculada Serrano Plaza

Directora

e-mail: rosa.maria.diaz.naya@xunta.es

Atención ao público luns a venres de 9:00 a 20:30.

En época lectiva a sala infantil só abre a partir das 15:30 horas.

Sábados de 10:00 a 14:00.

Horario en xullo e agosto, luns a venres de 9:00 a 14:30.

Día de peche: domingo.

Comparte