Equipamento: Auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia

Auditorio da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia

A Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, centro para a educación musical xestionado pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do IGAEM, inaugurou en 2004 a súa sede propia en Santiago. O edificio de nova planta, proxectado en 2000 polo arquitecto Antón García-Abril Ruiz, sitúase no parque de Vista Alegre, un dos espazos verdes máis destacados no contorno máis próximo ao casco histórico compostelán.

Ler máis

Con forma de cubo e fachada en granito rugoso de Mondariz, o inmoble conta cun total de 1.700 metros cadrados de superficie total construída. Esta distribúese en cinco niveis máis cuberta, e reúne todas as condicións desexables para satisfacer as necesidades propias dun centro destas características no que respecta á súa distribución e acondicionamento. Ademais, sitúase moi preto do Auditorio de Galicia, sede da Real Filharmonía de Galicia e da propia escola durante os seus primeiros anos de existencia. A súa construción e equipamento foron financiados polo Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela.

No proxecto, publicado en recoñecidas revistas especializadas e galardoado con diversos premios, tivéronse moi en conta os requerimentos acústicos. Así, as salas con maiores necesidades neste senso sitúanse nun baseamento de formigón soterrado, que conforma o asento do edificio. No soto sitúanse, pois, o auditorio de 226,6 metros cadrados, o laboratorio de electroacústica e gravación e a aula de percusión. O resto das aulas diminúen en tamaño e carácter público canto máis elevado sexa o andar no que se sitúan.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela

Servizos

  • Biblioteca
  • Aulas
  • Salón de actos

Acceso ás instalacións

Entrada libre

Características

  • Superficie en metros cadrados: 226,8
  • Medidas do escenario: 10 metros de ancho por 4,5 de fondo
  • Aforo: 200 localidades
  • Dispón de sala de ensaios e almacéns

Datos de contacto

Dirección: Finca Vista Alegre. Rúa das Salvadas, s/n. 15.705 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 554 222

Fax: 981 571 170

e-mail: escola.altos.estudios.musicais@xunta.es

Responsable: Enrique Meyer Pleite

Xefe de estudos da Escola de Altos Estudos Musicais

Vacacións conforme ao calendario escolar.

Comparte