Dinamización da cultura: tema destacado

PRESUMIMOS DE AXENDA!

Tede sempre á man toda a oferta de cultura coa nosa App

Xa podemos levarmos canda nós, en calquera momento e lugar, toda a oferta cultural galega, grazas á nova aplicación para móbiles da Axenda de Cultura de Galicia. Está dispoñible en galego e castelán para dispositivos con sistema operativo iOS e Android

 

Ler máis

Esta nova ferramenta chega para facilitar a consulta das actividades que se publican na axenda do portal Cultura.gal, para que non perdades ningunha cita coa música, co teatro, coa danza, ou coa literatura. Podedes filtrar por idades, por lugar, por data... 

Descubrídea e descargádea!