Aviso: Proposta de resolución provisional de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais 2021.

Proposta de resolución provisional de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais 2021.

A Consellería de Educación, Cultura e Universidade publica a proposta de resolución provisional pola que se aproba a listaxe provisional de solicitudes admitidas coas puntuacións correspondentes e a listaxe provisional de excluídas e as causas de exclusión, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, convocada pola Orde do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 113, do 16 de xuño de 2021).

De acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co artigo 15.5 da Orde de convocatoria, os interesados poderán presentar nun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación destes listados, as alegacións que estimen oportunas.

Estado de trámite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte