Aviso: Adxudicadas as obras de restauración do lenzo da muralla na rúa Clérigos

Adxudicadas as obras de restauración do lenzo da muralla na rúa Clérigos

Realizaranse nun prazo de catro meses

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de adxudicar as obras de restauración dun tramo do lenzo da Muralla á altura da rúa Clérigos, ás que destinará un orzamento de 137.500 euros -que se suman aos 20.000 euros investidos na redacción do proxecto-.

As obras contan cun prazo máximo de execución de catro meses e afectarán a un tramo de 12,16 metros situado entre os cubos XXX e XXXI.

A actuación, cofinanciada con fondos Feder, resolverá as patoloxías que presenta a pedra, como a disgregación de morteiros e a aparición de fisuras que se deben fundamentalmente á incidencia da choiva e outros elementos de desgaste propios do paso do tempo. Para elo, procederase ao desmontado de petos e muros, impermeabilización e reconstrución da estrutura.

Comparte