Evento: Muerte y reencarnación en un cowboy

Muerte y reencarnación en un cowboy
mércores, 15 febreiro, 2017 - 20:30
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Muerte y reencarnación en un cowboy

A peza de Rodrigo García fala de todas esas cousas transcendentais que se perden e que nos condenan a unha irremediable soidade

Escenas do Cambio conta unha historia posible do teatro. Nesa historia, Muerte y reencarnación en un cowboy preséntase como un desafío a vivir no abismo de cada instante e un dos puntos máis altos da obra de Rodrigo García. A peza fala da risa, da amizade, da parella e de todas esas cousas transcendentais que se foron perdendo e que nos condenan a unha irremediable soidade. Rodrigo García, fiel profeta destes tempos electrónicos, é capaz de ver máis aló e o di alto e claro. Sen dobres tintas, sen precaucións. E iso fai dano. Os dous personaxes teñen a vontade de non transfigurar nada, de nomear o que se pensa sen rodeos, e chegar ata o fondo da cuestión sen reservar nada. Obra cumio de Rodrigo García, os dous actores son axitados polos touros mecánicos. Once anos despois de presentar Accidens en la Sala Nasa, Rodrigo volve a Santiago con este traballo irreverente e brutal.

Rodrigo García

De Rodrigo García díxose que é “autor de textos que estalan como bombas”. Nado en Arxentina en 1964 pero afincado en España desde moi novo é tamén artista de vídeo, intérprete e director de escena. Creador atípico que conxuga nos seus espectáculos elementos do pasado e da cultura popular de hoxe, elabora xunto a súa compañía La Carnicería Teatro unha linguaxe teatral sorprendente que recolle as ideas e as emocións que axitan á nova xeración teatral. Cos seus espectáculos corrosivos e de marcado acento propio, Rodrigo García participou nos principais teatros e festivais europeos, converténdose nun dos creadores máis protagonistas da escena internacional do momento. Tras o éxito de Conocer gente, comer mierda (1999) e Haberos quedado en casa, capullos (2000) no circuíto de salas alternativas, Rodrigo García estrea Aftersun (2001). Entre as súas últimas pezas se atopan Versus (2008), En algún momento de la vida deberías plantearte seriamente dejar de hacer el ridículo (2007), 2186 (2007), Arrojad mis cenizas sobre Mickey (2006), Aproximación a la idea de la desconfianza (2006) e Prefiero que me quite el sueño Goya a que lo haga cualquier hijo de puta (2004).

Ficha artística

Unha propuesta de: Rodrigo García | Escena: Juan Loriente, Juan Navarro, Marina Hoisnard | Iluminación: Carlos Marquerie | Director técnico: Roberto Cafaggini | Son: Vincent Le Meur | Xerente: Jean-Pierre Timous | Produción da xira: Diego Lamas | Produción: La Carnicería Teatro-Madrid, Théâtre National de Bretagne.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona