Evento: About Kazuo Ohno

About Kazuo Ohno
sábado, 4 febreiro, 2017 - 20:30
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

About Kazuo Ohno

Takao Kawaguchi tenta copiar a danza de Kazuo Ohno, proxectando as formas e figuras orixinais o máis exactas posible

En About Kazuo Ohno, Takao Kawaguchi tenta copiar a danza de Kazuo Ohno, eliminando calquera posible interpretación propia e proxectando as formas e figuras orixinais o máis exactas posible. Canto máis se aproxima á versión orixinal, máis clara é a brecha entre as dúas versións, mínima pero inevitable a pesares dos esforzos por diminuíla. O paradoxo nesta performance é que esta mesma distancia, non obstante, pon de relevo as características moi distintas do que copia. Copiar é orixinal. O espectador recorda ou imaxina a Kazuo Ohno a través do corpo de Kawaguchi, mentres múltiples imaxes de Ohno e o artista se fusionan. About Kazuo Ohno é, en certo sentido, un dúo no que o artista baila coa imaxe ilusoria de Kazuo Ohno.

Takao Kawaguchi

Nado na Prefectura de Saga en 1962, Kawaguchi é membro do grupo de artistas intérpretes ou executantes “dumb type”. Despois de participar nun círculo de teatro en español na universidade, estudou un tipo de teatro de movemento chamado “mime” baseado na pantomima e, ao mesmo tempo, participou nunha serie de proxectos que van desde o teatro experimental á danza e a arte da performance. En 1990 uniuse á compañía de danza ATA DANCE con Atsuko Yoshifuku e traballou nela ata 1995. A partires de 1996 uniuse ao grupo de artistas dumb e participou na creación e nas xiras de OR, Memorándum e Viaje. A partir de 2000, actuou con artistas e músicos de diversos xéneros e realizou traballos en solitario como Night Colour (2001), Di Que No Ves (2003), D.D.D. (2004) e Tablemind (2006). D.D.D. é unha colaboración co artista de Khoomei (canto da gorxa) Fuyuki Yamakawa, que crea traballos sobre tecnoloxía e corpo.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona