Evento: Crazy But True (Un prototipo)

Crazy But True (Un prototipo)
sábado, 4 febreiro, 2017 - 17:30
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Crazy But True (Un prototipo)

Instalación interactiva para nenos e nenas: un panel de expertos dirixíndose á audiencia

As nenas e nenos como eses “expertos”, reciben as súas frases a través de auriculares, repetindo o que escoitan polos micrófonos, sen ensaios previos. O que resulta é unha lista de feitos extraordinarios disfrazados de conversa – algúns serios, outros realmente graciosos. Tes o dobre de probabilidade de morrer esmagado por unha máquina expendedora ca por un tiburón. De media, os tiburóns matan a 12 humanos por ano. De media, os humanos matan 100 millóns de tiburóns por ano. Sabemos cal é o problema e somos perfectamente capaces de arranxalo. Algunhas veces parece que o mundo se volve máis estraño cada ano.

CRAZY BUT TRUE expón a nosa responsabilidade en todo isto, a nosa, a dos humanos que viñeron antes ca nós e a dos que agora se sentan ante nós, nas butacas, mirando e escoitando Desde fóra, a realidade da situación vólvese transparente: nenos dicindo, polo mero feito da diversión e a fantasía, calquera cousa que lles manden dicir. A información que se canaliza a través dos seus oídos, dos seus cerebros, e sae polas súas bocas. Se, a pesar do divertimento, isto parece problemático, a provocación é coherente co propósito máis amplo da obra: enfrontar un desafío inevitable. Para moitos adultos é duro imaxinar un neno crecendo e absorbendo este tipo de información. Traer un neno ao mundo é quizais a parte sinxela. O máis difícil é traer o mundo ao neno. Crazy But True existe como prototipo para o 2016, con aparicións en Santiago de Chile (Espacios Revelados), Santiago de Compostela (Escenas do Cambio) e Atenas (Bienal de Actuación “No Future”). Desenvolverase aínda máis en 2017.

Ant Hampton

Ant Hampton (1975) fundou Rotozaza en 1998, un proxecto que explora o uso das instrucións que se dan a “artistas invitados” sen ningún ensaio previo, directamente sobre o escenario e en formatos más íntimos, no que os intérpretes son os mesmos espectadores (Autoteatro).

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal