Evento: Concerto didáctico co grupo Campo de Estrelas

  • Partitura
Concerto didáctico co grupo Campo de Estrelas
domingo, 2 outubro, 2016 - 18:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Concerto didáctico co grupo Campo de Estrelas

Paseo pola música do mundo a través dos instrumentos de corda: violín, viola, violoncelo e contrabaixo.

Intercalaranse charlas interactivas con pezas musicais nas que colaborarán nenos e nenas no escenario. Farase un recorrido explicativo polas cidades máis importantes da música en Europa: Viena, Salzburgo, Venecia, Cremona… e tamén se falará dos compositores: Mozart, Vivaldi, Beethoven, Haydn… interpretaranse as súas obras, contaranse anécdotas interesantes das súas vidas… establecerase un diálogo interactivo entre os participantes e os músicos.

Explicaranse as partes dos instrumentos de corda e toda a familia de corda frotada, mostraranse distintos tipos intrumentos de corda e instrumentos de percusión  para que o público os poida ver de cerca e tocar, dando unha clase colectiva para todo o público asistente, de forma moi lúdica e participativa.

Máis eventos de tipo Concerto

Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo
18 de xullo
Espazo Lorenzo Varela
balteira
Balteira
18 de xullo
Ponte Maceira
O mellor e o peor dos 80 e 90 
19 de xullo
Club Fluvial de Begonte
Versions a nosa maneira
19 de xullo
Carballeira de Parga