Evento: Solo Voces e Adrián Regueiro

Solo Voces e Adrián Regueiro
sábado, 17 setembro, 2016 - 17:30
Santa María a Real do Cebreiro,,
Pedrafita do Cebreiro

Solo Voces e Adrián Regueiro

Concerto de órgano e conxunto vocal

Solo Voces
Dir. Fernando G. Jácome
Adrián Regueiro, órgano

Como remate á xornada de rolda pola paisaxe organística polo Camiño de Santiago, Espazos Sonoros organiza na igrexa de Santa María do Cebreiro, a escoita dun concerto a cargo de Solo Voces, unha das formacións vocais máis consolidadas do panorama musical galego acompañada do organista Adrián Regueiro.

Fundado en 1992, Solo Voces leva traballado, ao longo de todos estes anos, diversos ámbitos do repertorio coral, desde música popular e tradicional ata música clásica de diversas épocas e estilos, desde o gregoriano ata a música de autores contemporáneos, poñendo especial énfase na obra de autores galegos. Adrián Regueiro é pianista e organista e ten ofrecido xa, malia a súa idade, numerosos concertos de órgano en diversos instrumentos de Galicia e Portugal, unha faceta, a de concertista, que compaxina coa de organista da catedral de Santiago.

Para a ocasión preséntase un programa variado, co aliciente da estrea dun himno de vésperas, Beati omnes qui timent Dominum, que lle dá título ao programa, e un magníficat, extraídos de dous cantorais polifónicos da catedral de Lugo, transcritos e recuperados para a ocasión polo músico e investigador Andrés Díaz Pazos. Canda estas dúas estreas serán interpretadas outras pezas instrumentais para órgano solista, algunha outra do repertorio histórico dos arquivos das catedrais galegas e outras obras da polifonía renacentista ibérica.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións