Evento: Tres Pesos
Tres Pesos
Felisa Segade, voz e percusións tradicionais
Xosé Antón Ferreira, gaita, clarinete, voz e percusións
Estevo Lamas, acordeón, voz e percusións
Felisa Segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo), tres músicos de fonda traxectoria no eido da música tradicional, son os impulsores do proxecto Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda para Espazos Sonoros.
Tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais, Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia ou Brincadeira. Centos de horas sobre o escenario e miles fóra del, soñando coa nosa música, coa nosa tradición. Ducias de mestres e centos de alumnos aos que veñen formando no ámbito da música tradicional e centos de colaboracións en diferentes proxectos cos máis importantes artistas galegos e do resto do mundo.
Máis eventos de tipo Concerto



