Evento: Convivio da Cultura Galega

Convivio da Cultura Galega
sábado, 9 xullo, 2016 - 11:00
Carballeira de Santa Isabel,
Outeiro de Rei

Convivio da Cultura Galega

Xornada de lecer, música, obradoiros e gastronomía nunha das paisaxes queridas por Manuel María, homenaxeado coas Letras Galegas

O Convivio da Cultura Galega está impulsado desde a Casa-Museo Manuel María, a federación Galiza Cultura de asociacións culturais galegas e a Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela. 
O Convivio é unha xornada de lecer e de encontro dun  tecido cultural galego de base do país e un día de festa nunha das paisaxes que Manuel María máis amaba: a Carballeira da Santa Isabel de Outeiro de Rei, á beira do Miño, aquí onde as augas do Ladra veñen dar ás do "Pai de todos os ríos galegos". 

A Santa Isabel foi tamén o espazo natural da festa patronal de Outeiro, cunha romaría popular que queremos recuperar co seu esplendor pasado.

Coma na pasada edición, desde a mañá haberá actuación musicais, entre as que se atopa Uxía canta a Manuel María con Sérgio Tannus, Santi Cribeiro e Paulo Silva. 

Tamén hai xantar compartido na Carballeira (cada quen levará a súa comida e bebida) e, xa á tarde, foliada aberta a todo o mundo para tocar e bailar (grupos ou xente por libre).

Todo isto completarase con visitas guiadas á Casa-Museo Manuel María durante todo o día e con outras actividades.

Máis información

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Vieira de Cambados
16 de xullo a 19 de xullo
Cambados
Gran Premio de Carrilanas de Esteiro
17 de xullo a 19 de xullo
Parroquia de Esteiro
Festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas
17 de xullo a 21 de xullo
Bouzas
Festa da Dorna de Ribeira
17 de xullo a 24 de xullo
Ribeira