Evento: Concerto do Dúo Fernández & Quintá

  • Dúo Fernández & Quintá
  • Banner Espazos Sonoros
Concerto do Dúo Fernández & Quintá
sábado, 24 outubro, 2015 - 19:00
Sala Nobre do Museo Massó,
Bueu

Concerto do Dúo Fernández & Quintá

Actuación do dúo de música tradicional, do cancioneiro instrumental galego

O dúo Fdez. & Quintá, formado por Óscar Fernández e Carlos Quintá, reinterpreta para Espazos Sonoros músicas tradicionais, nomeadamente do cancioneiro instrumental galego, a través dun repertorio de muiñeiras, xotas, valses, mazurcas, polcas e foxtrots, e cancións tradicionais mariñeiras.

O seu repertorio complétase con composicións orixinais e temas doutras culturas europeas que transforman o repertorio tradicional de baile nunha refinada e íntima sensación melódica. Estes dous instrumentos, a zanfona e o acordeón, a pesar de ter fondo arraigamento na música tradicional galega, non chegaron a coñecerse entre si. Cando esmorecía a zanfona no interior de Galicia, a finais do XIX, chegaba o acordeón á costa.

O acordeón achega a harmonía, os baixos e unha melodía dinámica; a zanfona, a calidez das cordas fretadas e a percusión do bordón. Unha orquestrina completa con só dous músicos.

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Real Filharmonía de Galicia – Contrafactum
12 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións
Será por Flores
13 de novembro
Auditorio Municipal