Evento: Ruta a pé polo carreiro do Deza

  • Mosteiro de Carboeiro
  • Banner Espazos Sonoros
Ruta a pé polo carreiro do Deza
domingo, 4 outubro, 2015 - 15:00
Mosteiro de Carboeiro,
Silleda

Ruta a pé polo carreiro do Deza

Coñece o teu patrimonio roteiro na contorna do Mosteiro de Carboeiro

Esta ruta circular percorre unha parte da contorna natural que circunda o mosteiro de Carboeiro, seguindo o curso do río Deza, ata a praia fluvial da Carixa, pasando polas antigas casas de baños da Brea, hoxe convertidas en balneario e que aproveitan unha veta de augas sulfurosas, que xa eran empregadas polos monxes para tratar as doenzas da pel. O vieiro descende polo camiño real, unha antiga calzada medieval que unía Carboeiro e Camanzo con Santiago de Compostela, que nos achega ata a Ponte do Demo, unha ponte de orixe medieval e dun só arco obxecto de moitas lendas, entre elas, a lenda do pacto co demo que fixeran os monxes do Carboeiro ante as dificultades que tiñan para rematar a construción do mosteiro.

A distancia que percorre a ruta son uns 4 Km e a duración estimada é de dúas horas.
Inscripcións: actividades@espazossonoros.org do 19 ao 30 de setembro.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Visita ao campamento de Aquae Querquennae
19 de setembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Roteiro A fotógrafa Ruth Matilda Anderson en Compostela
11 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal