Evento: Visita ao monumento de Santa Eulalia de Bóveda

Visita ao monumento de Santa Eulalia de Bóveda
sábado, 5 setembro, 2015 - 18:00
Santalla de Bóveda de Mera,
Lugo

Visita ao monumento de Santa Eulalia de Bóveda

Un dos monumentos prerrománicos máis senlleiros do occidente europeo

Visita ao monumento de Santa Eulalia de Bóveda da man da especialista en arqueoloxía da arquitectura Rebeca Blanco.

As peculiares características deste templo tardo-romano, que chegou a ter usos cristiáns baixo a advocación de Santalla, suscitaron desde o seu descubrimento
múltiples interpretacións sobre a súa finalidade orixinal: lugar de baños, ninfeo, templo dedicado a Prisciliano... Neste edificio de planta rectangular destaca a ornamentación da bóveda de canón na que aparecen representados diferentes tipos de aves pintadas entre motivos vexetais. Tamén sobresae o seu arco de ferradura, considerado como o máis antigo que existe na arquitectura española como elemento estrutural. As impresionantes pinturas, as súas especiais características e todas as controversias respecto da súa orixe fan deste monumento prerrománico un dos máis senlleiros do occidente europeo.

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

visitas escolares todo o curso 2025-2026 no Museo de Belas Artes da Coruña
Visitas escolares
8 de setembro a 21 de xuño
Museo de Belas Artes
Obradoiros e visitas para o curso escolar no Museo Massó
Obradoiros e visitas guiadas
8 de setembro a 19 de xuño
Museo Massó
Redescubrindo Ourense. Ourense antigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
A Esmorga roteiro guiado
Redescubrindo Ourense
24 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense