Evento: Rodrigo Romaní
Rodrigo Romaní
Rodrigo Romaní
O son da arpa musicará este templo tardo-romano
O ciclo Monumenta inclúe esta actuación de Rodrigo Romaní dentro das actividades para divulgar Santalla Bóveda de Mera.
Rodrigo Romaníe é un dos músicos máis destacados do panorama musical galego. Membro fundador de Milladoiro, abandonou o mítico grupo de folk para embarcarse en diversos proxectos, algúns tan significativos como a posta en marcha de Sondeseu, a primeira orquestra de folk de Galicia e de Europa.
Embaixador da música tradicional galega, Rodrigo Romaní leva 30 anos paseando a súa arpa por medio mundo, primeiro con Milladoiro e, desde hai uns anos, co seu nome, acompañado doutros músicos convidados.
A participación en todas as actividades e concertos é libre e de balde.
Descargas