Evento: Talabarte Trío

Talabarte Trío
sábado, 29 agosto, 2015 - 21:30
Praza do Tapal,
Noia

Talabarte Trío

Concerto para pór fin á xornada de coñecemento do gótico mariñeiro da vila

A formación Talabarte Trío pon fin a xornada de Monumenta ao redor do gótico mariñeiro de Noia.

Talabarte Trío son tres músicos procedentes de bandas como Berrogüetto, Marful e Susana Seivane. O violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García son xa indispensables dentro da escena musical galega. Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes. Talabarte deulle unha nova dimensión á música galega, partindo da bagaxe musical dos seus integrantes, cunha proposta que atravesa
fronteiras, pasando polos sons do leste europeo e o Mediterráneo.

Contemporaneidade e tradición nun concerto diferente, para alegrar os pés, as ideas e o resto dos sentidos.

A participación en todas as actividades e concertos de Monumenta é libre e de balde.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Xove Orquestra Terra Nova
15 de xaneiro
Biblioteca Pública de Lugo
Orquestra Sinfónica de Galicia
15 de xaneiro
Avenida do Burgo das Nacións