Evento: Visita e faladoiro ao redor do xacemento arqueolóxico de Tourón

Visita e faladoiro ao redor do xacemento arqueolóxico de Tourón
xoves, 27 agosto, 2015 - 20:00
Tourón,
Ponte Caldelas

Visita e faladoiro ao redor do xacemento arqueolóxico de Tourón

Coñecer un dos complexos de arte rupestre ao aire libre máis singulares de Galicia

O ciclo Monumenta dá  a posibilidade de visitar o Centro de Interpretación da área arqueolóxica de Tourón, que é un dos complexos de arte rupestre ao aire libre máis singulares de Galicia.

Con máis de 15 hectáreas de extensión, ofrece a posibilidade de visitar cinco estacións rupestres onde se poden ver petróglifos e gravados sobre rocha que datan do Neolítico final-Idade de Bronce. Durante a ruta, repararase noutros elementos culturais situados ao longo do camiño; e desde os dous miradoiros poderase observar a paisaxe circundante.

A continuación, ás 20.30 horas, o comisario de arte contemporánea Ángel Cerviño e o artista sonoro Carlos Suárez falarán da relación entre natureza e arte no século XXI.

Esta visita e faladoiro rematará cun concerto de Leilía  nos exteriores do centro de interpretación, ás 21 horas, para ás 22 horas, entre o lusco e fusco, gozar dunha visita guiada polo arqueólogo Santiago Vázquez Collazo á área arqueolóxica e visionado nocturno dos petróglifos. Ademais, Pablo Martínez Alemparte, arqueólogo e especialista en astronomía, guiará os asistentes polo firmamento e axudará a establecer conexións co xacemento.

A participación en todas as actividades e concertos de Monumenta é libre e de balde.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Noites de verán no Museo Massó
16 de agosto
Museo Massó
Visitas guiadas no Museo Massó
17 de agosto
Museo Massó
Noites de verán no Museo Massó
23 de agosto
Museo Massó
Visitas guiadas no Museo Massó
24 de agosto
Museo Massó