Evento: A paisaxe organística de Monforte de Lemos

A paisaxe organística de Monforte de Lemos
sábado, 19 setembro, 2015 - 11:00
Varios,
Monforte de Lemos

A paisaxe organística de Monforte de Lemos

Roteiro arredor do impresionante legado musical desta vila

Da man de membros do equipo de catalogación dos órganos de Galicia, os participantes coñecen o esplendor do que foi o patrimonio organístico e musical de Monforte e ollar moi de preto, nunha oportunidade única, os órganos de Santa María da Régoa e San Vicente do Pino, hoxe tristemente silentes, pero que, aínda co paso do tempo, conservan inalterables o seu porte e nobreza.

Ademais, como complemento á xornada e, xa pola tarde, farase un percorrido pola vila, da man de Richard Rivera, guía especializado en música e coautor do Itinerario histórico-musical de Monforte de Lemos, editado por Ouvirmos, que nos achegará a outros espazos e aspectos destacados, non sempre tan evidentes nin coñecidos da vida musical monfortina.

A estación final do percorrido organístico e musical estará na capela do Colexio do Cardeal, na que se terá a oportunidade de escoitar un documento único: a recuperación, polo coro Vox Stellae e os Menestreis de 1500, dunha misa e dun motete compostos na honra do cardeal Rodrigo de Castro, soterrado nesta igrexa. Trátase dunha primicia para Espazos Sonoros.

Capacidade máxima: 60 persoas
Lugar de encontro: na porta da igrexa do Colexio do Cardeal (Monforte de Lemos)
Inscrición: do 5 ao 16 de setembro en actividades@espazossonoros.org
Público: para todos os públicos

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Noites de verán no Museo Massó
16 de agosto
Museo Massó
Visitas guiadas no Museo Massó
17 de agosto
Museo Massó
Noites de verán no Museo Massó
23 de agosto
Museo Massó
Visitas guiadas no Museo Massó
24 de agosto
Museo Massó