Illa de San Simón, un espazo para a creación

As illas de San Simón e de San Antonio son un excepcional e paradisíaco enclave situado na enseada da ría de Vigo, cunha forte carga simbólica colectiva vinculada cos seus diversos papeis ao longo da historia: testemuña de traxedias e avatares marítimos, idílica referencia literaria da poesía medieval, refuxio monacal, lazareto para doentes infecciosos, cárcere do réxime ditatorial franquista para illamento político...

A illa de San Simón é hoxe un espazo público para o desenvolvemento cultural de Galicia, nun enclave recuperado de gran valor patrimonial e ambiental. En 1999 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia e a illa e a súa enseada forman parte da Rede Natura 2000 como hábitat natural europeo protexido.

Ao longo do ano as súas instalacións acollen o desenvolvemento dunha extensa programación, como lugar de colaboración con diversas entidades e organismos para actividades formativas e de investigación.

As illas