Lingua Forza 3
Divertida xincana con xogos que combinan a actividade física, lingüística e mental e que xiran arredor do léxico do deporte e do patrimonio inmaterial galego oral. Forma parte do programa de dinamización lingüística O galego campa, destinado a visibilizar e impulsar o uso da lingua propia de Galicia nos campamentos de verán da Xunta de Galicia.

