As ladeiras dos canóns están caracterizadas polo cultivo en socalcos. Este tipo de cultivo permanece ata os nosos días, mais non na súa completa extensión. Coa axuda de fotografías e imaxes de satélite actuais e históricas procurouse identificar a súa máxima extensión. Na maior parte, os socalcos ocupan as ladeiras máis inclinadas, con pendente superior ao 30%, aínda que excepcionalmente se identifican tamén viñas máis dentro, na bocarribeira.
Os socalcos
