Os socalcos

Na Guía de Galicia, Otero Pedrayo en 1926 define así esta paisaxe: “una de las formas interesantes del cultivo es la de los “sucalcos” o terrazas vitícolas que esculpen y decoran las rudas pendientes sobre el Sil, el Miño en ciertos tramos, el Bibei, el Navea, el Cabe, rectificando la labor destructora de los torrentes y ofreciendo un admirable ejemplo de la perseverancia secular de las generaciones labriegas, tratando en estilo inconscientemente artístico el paisaje.”

A construción máis evidente da paisaxe cultural da Ribeira Sacra, a elaboración dun novo solo artificial, refacendo a terra coa mestura do sabre, do toxo, das uces e do esterco para ganar unha precaria liña chaira de traballo, ás veces escasa para pasar de canto, e peada que require as mans para pasar de salto a salto. Eladio Rodríguez no Diccionario enciclopédico gallego - castellano emprega as seguintes definicións para o termo Sucalcos/Socalcos: “muro o albarrada que forma bancales en terrenos de mucha pendiente, para que las tierras no sean arrastradas por las lluvias torrenciales. El sistema de socalcos de emplea especialmente en el Ribeiro de Avia y en otras zonas vitícolas y labrantías de Galicia. Es unha forma de cultivo muy curiosa, aconsejada por la experiencia e impuesta por la necesidad de detener las tierras con muretes escalonados, que en toda la extensión del pronunciado declive forman a modo de gradas o peldaños más o menos altos. El trabajo que esto impone a los trabajadores es extraordinariamente penoso, pues tienen que conducir a hombro sobre sus espaldas los abonos por senderos estrechísimos">Na área de estudo o termo socalco non se utiliza apenas, ou se utiliza dende hai pouco tempo.

Nos diferentes lugares pódense escoitar diferentes nomes: “muras” en Taboada, O Saviñao e Chantada; “muros” en Sober e Parada do Sil; “paredes” na Teixeira, “paredós” en Ribas de Sil; e “calzadas” en Pantón, Carballedo, Nogueira de Ramuín, e A Peroxa. En Chantada, ademais, as muras de notable tamaño son coñecidas como “poxadas”, e as de maiores dimensións son un “patal”, que pode ter ata vinte filas de cepas. Terrazas, sucalcos ou socalcos, pataos, pataus ou patais, muras ou muros, liños, bancadas, bancais, paredós, calzadas, poxadas, ... todos eles cos seus matices refiren a un concepto que ten a súa apreciación tamén nunha construción mental propia de cada comunidade.