Réxime de protección

resolución de incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a Ribeira Sacra coa categoría de paisaxe cultural establece no seu Anexo III o réxime que será de aplicación provisional desde o día seguinte da súa publicación e ata que o expediente se resolva ou se produza a súa caducidade, no prazo máximo de 24 meses.

A paisaxe cultural esixe un réxime de protección propio que non debe perder a perspectiva da súa dimensión territorial e de cal son os valores que se recoñecen. O artigo 59 da Lei 5/2106, do 4 de maio, establece a necesidade dun instrumento específico de ordenación territorial ou urbanística que conteña as determinacións precisas para asegurar a súa protección e salvagardar os seus valores culturais. O contido deste documento fundaméntase na base de tres aspectos concretos:

  • a caracterización da súa estrutura territorial, da súa natureza, da súa significación cultural e das características xerais do contorno, que son os que se recollen nesta declaración con carácter xeral;
  • un catálogo exhaustivo de todos os bens que o conforman, dos que neste documento se avanzan os que deben contar cunha clasificación do máis alto nivel;
  • e as directrices xerais para a protección do patrimonio cultural.