Resto do ámbito da paisaxe cultural delimitada

No resto do ámbito da paisaxe cultural delimitada, ademais, conservaranse os socalcos tradicionais, polo que as actuacións que poidan supoñer a súa modificación deberán someterse a unha autorización previa da DXPC. Entenderase modificación a que supoña a desmontaxe xeneralizada de socalcos tradicionais existentes, estean ou non en uso e con independencia do seu estado de conservación, e as actuacións que teñan por obxecto a execución de novos socalcos en ámbitos que carezan deles. As intervencións de mellora e integración ambiental de socalcos existentes non tradicionais tamén precisarán da correspondente autorización. Porén, o seu mantemento ou a súa adaptación puntual no marco das dimensións tradicionais dos mesmos, non precisarán de autorización sempre que se manteñan para as intervención o uso das técnicas tradicionais da pedra en seco.