Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 466 resultados.
Luis Gabú: Arte e ritual na Catedral de Santiago
Catálogo da exposición do mesmo título, realizada con imaxes fotográficas relativas á Catedral de Santiago e ao fenómeno xacobeo. Baséase na relación mística entre a luz, a espiritualidade e as formas inaprehensibles que vai tomando unha...
Chelo Matesanz: As miñas cousas en observación
As miñas cousas en observación é, como o seu título indica, unha revisión exhaustiva da traxectoria da artista cántabra Chelo Matesanz (Reinosa, 1964) a través das súas creacións e dun bo número de obxectos que inspiraron o seu traballo desde a...
Mark Manders: Curculio bassos
Curculio bassos é o catálogo da primeira exposición monográfica sobre o artista Mark Manders. A través dos textos de Maaike Lauwaert e do comisario da mostra e crítico de arte Javier Hontoria, este libro invita a unha inmersión no universo...
Diego Santomé: Peza de esquina e outros espazos en conflito
As estratexias discursivas sobre as que se asenta a obra de Diego Santomé están directamente vinculadas aos conceptos de utopía e fracaso, equilibrio e inestabilidade. As súas pezas funcionan como procesos de desocultación dunha realidade que...
Víctor Grippo: Transformación
Desde as súas primeiras obras de corte conceptual, realizadas a comezos da década dos setenta, o arxentino Víctor Grippo construíu unha persoal poética do cotián, na cal os materiais orgánicos, as ferramentas e os utensilios domésticos conviven...
Guerreiro: Elízara, lugar onde non estiven
Catálogo de arte, no que se amosa a obra do pintor lucense Xoán Guerreiro. No libro reprodúcese unha selección de obras e inclúense un texto crítico, xunto coa biografía e a bibliografía do citado autor.
O Padre Feijoo: Cidadán libre da República Literaria
Catálogo da exposición do mesmo título que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en setembro de 2014, dentro das actividades que desenvolve a entidade.
Teo Soriano: Umbral
Catálogo de arte no que se afonda na obra do pintor coruñés Teo Soriano.
Verquidos
Unha selección da obra de Berta Cáccamo, realizada na última década, na que se ofrece a relación entre o debuxo e a pintura; esa relación compróbase.
Museo Massó. El museo que creció dentro de una fábrica de conservas
Edición en castelán da guía visual do Museo Massó. Faise un percorrido pola exposición permanente do museo, con textos breves e moitas imaxes en cor das pezas da colección, acompañadas con textos ao pé da ilustración.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- …
- seguinte ›
- última »