Como chegou a vacina da varíola a América?

Autor/a: Viñas, José. De Toro, Xacobo. Eiroa, David
Como chegou a vacina da varíola a América?
Material textual - Publicación electrónica en liña - Libro
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2018
Temas: Educación, Pedagoxía, Fomento da lectura
Volumes: 1
Sinopse

Esta unidade didáctica ten como obxectivo achegar ao alumnado de 3º e 4º de ESO a importancia da vacinación, ao tempo que pon de manifesto a relevancia histórica da Real Expedición que partiu a comezos do século XIX desde A Coruña para levar a vacina da varíola ao continente americano.

Así mesmo, destácase o papel fundamental que tivo na expedición a galega Isabel Zendal, enfermeira e reitora do orfanato da Coruña, considerada pola Organización Mundial da Saúde a primeira enfermeira da historia en misión internacional. Deste xeito, a guía facilita aos docentes recursos innovadores aplicables ás materias de Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia ou Cultura Científica.

Descargar(pdf, 8.23 MiB)

Comparte