Pistas e accesos

O acondicionamento de pistas e accesos existentes tamén será considerado unha actividade agrícola normal, co criterio de empregar o material existente. Dadas as pendentes existentes, e para garantir a seguridade e conservación, permitirase o uso de formigón, se ben deberán usarse áridos pardos na súa execución, evitar peraltes e derrames do material, que se limitará ao largo mínimo, estimado ao redor do 2,5m. Este tipo de intervencións non requirirá de autorización previa.

As pistas limitaranse ás mínimas necesarias para facilitar os accesos e terán un uso preferente para a funcionalidade dos predios, o que permitirá usar magnitudes en condicións de pendente máis elevada e de largo máis estreito e unha mellor integración na paisaxe. A apertura de pistas novas si requirirá a autorización previa da DXPC.