Na paisaxe dos socalcos non adoitan existir os peches de parcela, pola súa propia configuración. Evitaranse os peches de telas metálicas con acabado plástico e os peches opacos e macizos. Cando a actividade, especialmente a gandeira, o requira, o uso de cerramentos ou valados que respondan aos modelos identificados na Guía de caracterización e integración paisaxística de valados, coa preferencia dos valados vexetais, aínda que reforzados por estruturas de madeira e mallas metálicas sinxelas, non precisará da autorización da DXPC.
Peches
